23 abril 2024


Martes 23 de abril. Hoxe abrimos a programación de Radio Neria da man de Maruxiña dos Queixos e o seu DISQUE. Despois, O RECUNCHO DO ESTUDANTE, hoxe Aloia, Valeria, Carla e Irene falan sobre... O Tempo!. E para rematar, MUNDOFONÍAS, con: Ramillete de Raíces.
Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

18 abril 2024

 

Xoves 18 de abril. Benvidos e benvidas á programción de hoxe en Radio Neria. Comezamos, como cada xoves, con CHEGAR A BO PORTO. No programa de hoxe, Luis Corral conversa coa mariñeira e influencer de Muros, María Maceiras. Despois, un momento para a poesía en REALIDADE E SOÑOS con Manuel Oliveira Gómez, "Manolín". E para rematar, MUNDOFONÍAS. Hoxe con: Legados de altos vuelos.
Esperámosvos ás 11:00 e ás 21:00 no 107.8 da FM, e na web en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

17 abril 2024

 

Mércores 17 abril. Arrancamos a nosa programación de hoxe con ABRETEDEORELLAS. Pepe Cunha tráenos temas de @maikamakovski @o_sonoro_maxin ou @braismoran_nasaufunk. E despois, CARNE CRUDA, hoxe con: Piratas de la vivienda: los grandes especuladores.
Empezamos, coma sempre, ás 11:00 e retomamos ás 21:00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

16 abril 2024

Información/desinformación, Modas e tendencias e Viaxeiros en son de paz. Hoxe en Radio Neria.

Martes 16 de abril. Hoxe comezamos a programción de Radio Neria cunha nova entrega de DISQUE. No programa de hoxe, Maruxiña dos Queixos fai unha análise sobre o papel da prensa, sobre a información e a desinformación. Despois, en O RECUNCHO DO ESTUDANTE, as nosas rapazas de Fisterra daranlle unha segunda volta ao tema da Moda e Tendencias tratado a semana pasada. O tema dá para moito e merece unha segunda entrega. E rematamos con MUNDOFONÍAS. Hoxe con: "Viajeros en son de paz".
Esperámosvos a partir das 11:00 e ás 21: 00 no 107.8 da FM e na web, en www.radioneria.blogspot.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/

15 abril 2024


Radio Neria vai de libros

Luns 15 de abril. Empezamos unha nova semana en Radio Neria. Arrancamos hoxe a nosa programación con QUE LES, CORCUBIÓN? no que escoitaremos a presentación do libro de Carme Varela, "Faise o escuro", que tivo lugar na Biblioteca Municipal de Corcubión. E despois outra presentación literaria en CARNE CRUDA. Hoxe, a xornalista e comunicadora vasca volve a Carne Cruda para falarnos do seu libro, "Lo que quede".
Comezamos ás 11:00 e voltamos ás 21:00 no 107.8 FM e na web, www.radioneria.blogstpo.com e www.zeno.fm/radio/radio-neria/